Pela criação de um Colectivo Açoriano de Ecologistas que tenha por objectivo a reflexão-acção sobre os problemas ambientais, tendo presente que estes são problemas sociais e que a sua resolução não é uma simples questão de mudanças de comportamentos, mas sim uma questão de modelo de sociedade.
segunda-feira, 7 de fevereiro de 2011
A Federação Ecologista Galega defende Internet por cabo nas Escolas em detrimento do Wi-Fi
FEG - A Federación Ecoloxista Galega (FEG) ven de iniciar unha campaña: Wi-Fi nas aulas? Internet mellor por cable, co envío dun dossier informativo aos centros de ensino, asociacións de pais e nais e as seccións sindicais de ensino, solicitando así mesmo unha entrevista na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ante a obriga no actual curso académico de conexión a internet por vía Wi-Fi, nas aulas de 5º de Primaría e 1º da ESO seleccionadas, na implantación do Proxecto Abalar da Xunta de Galicia que inclúe o Plan estatal Escola 2.0.
Consideramos que a conexión sen fíos a internet por Wi-Fi nas aulas obvia o “Principio de Precaución” proposto polo Parlamento Europeu na súa Resolución de 2 de Abril de 2009.
A nosa inquedanza son as consecuencias potenciais para a saúde do alunado e do persoal docente e auxiliar na conexión sen fíos a internet, nunha exposición de cotío á contaminación electromagnética das radiacións de microondas ao longo da xornada lectiva no curso escolar, cos consecuentes efectos acumulativos. Emisións electromagnéticas que Resolucións do Parlamento Europeu no 2008 e 2009 chaman a limitar (considerando os estándares actuais “obsoletos”) e minimizar valorando as “opcións tecnolóxicas disponíbeis e eficaces”, especialmente en grupos de risco como a infancia e a mocidade. Estas resolucións están baseadas no Informe Bioinititive, apoiado pola Axencia Europea de Meio Ambiente, que no 2007 demanda desinstalar o Wi-Fi dos espazos de ensino, creches, bibliotecas, de lecer
Apostamos pola conexión a Internet mediante cabos de cobre ou fibra óptica: non exporía de cotío á contaminación electromagnética, proporcionando mellor cobertura e velocidade e sen os problemas de interferencias e seguranza da información proprias do Wi-Fi. Propomos declarar os centros de ensino coma “zonas brancas” libres de contaminación electromagnética: Primando o cabo no canto de Wi-Fi (1), co recinto escolar libre de móbiles en menores de 14 anos (2), promovendo campañas de uso razoabel do telefone móvel (3).
A FEG tamén solicita o coñecemento público do punto no que se atopa o despregamento de sistemas Wi-Fi no Proxecto Abalar, así como dos sistemas de medición de emisións e avaliación da evolución sanitaria e académica da comunidade escolar deseñados para cada centro que manteña o sistema de conexión a Internet por Wi-Fi.
O dossier enviado á comunidade educativa pódese descarregar premendo AQUI
(1) Xa recomendado en Alemaña pola súa Oficina Federal para a Protección contra as Radiacións e o propio Ministerio de Meio Ambiente
(2) Xa aprobado en França no 2010
(3) Na liña marcada pola Resolución do Parlamento Europeu do 2009